FSC-CCOO País Valencià | 19 de març 2024.

Política de privacidade

F.E. SERVICIOS CIUDADANIA, con CIF G85699460 e domicilio na Calle Fernandez De La Hoz, 21 - 28010 (Madrid), como titular da web que vostede está a consultar, quere, mediante esta declaración, informar os e as visitantes de cal é a nosa política de mantemento da privacidade e tratamento dos datos de carácter persoal que son facilitados de forma libre e voluntaria por todas as persoas usuarias.

F.E. SERVICIOS CIUDADANIA desexa informar de que será responsable dos ficheiros automatizados derivados da inscrición ou cuberta por calquera usuario/a ou visitantes desta páxina e que decidan cubrir algún dos formularios existentes nela. Non obstante, en cada toma de datos que se realice, indicaráselle, a través da correspondente cláusula, a información pertinente conforme ao establecido na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro de protección de datos persoais.

F.E. SERVICIOS CIUDADANIA adoptará as medidas de índole técnica e organizativa necesarias para garantir a seguridade dos datos de carácter persoal e evitar así a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado, tendo en conta o estado da tecnoloxía consonte o establecido polo Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos (coñecido como RXPD ou Regulamento Europeo de Protección de Datos).

As persoas usuarias teñen recoñecidos e poderán exercitar os dereitos de acceso, supresión, rectificación, portabilidade, limitación do tratamento e oposición, a través dos seguintes formularios: formulario de exercicio de dereito de supresión, formulario de exercicio de dereito de acceso, formulario de exercicio de dereito de rectificación consonte o indicado no momento da recollida de datos, formulario de exercicio de dereito de portabilidade, formulario de exercicio de limitación do tratamento, formulario de exercicio de oposición ou ben dirixíndose a: F.E. SERVICIOS CIUDADANIA, Calle Fernandez De La Hoz, 21 - 28010 (Madrid), indicando a referencia Delegado de Protección de Datos (ou DPD). Tamén pode dirixir unha solicitude ou poñerse en contacto co Delegado de Protección de Datos a través do enderezo dpd@ccoo.es.

A solicitude, que sempre levará acreditación de identidade, deberá conter nome, apelidos da persoa interesada, fotocopia do DNI, petición en que se concreta a solicitude, enderezo para os efectos de notificacións, data e sinatura de quen solicita e documentos acreditativos da petición que formula. Se a solicitude non reúne os requisitos especificados, requirirase a súa corrección.

Calquera que se subscriba a publicacións recibirán en cada un dos envíos unha cláusula informativa na que se lle indicará a posibilidade de procesar a baixa.

F.E. SERVICIOS CIUDADANIA pode utilizar cookies cando unha persoa usuaria navega por esta páxina web, co obxectivo de identificar e mellorar a navegación e reforzar a seguridade. A utilización destas cookies non proporciona en por si nin nome de usuario/a, nin ningún dato de carácter persoal, nin pode ler datos do seu disco duro e permanece unicamente mentres se mantén aberta a sesión, polo que non se almacenan no seu ordenador. Doutra banda, o usuario ou usuaria sempre ten a posibilidade de configurar o seu navegador para ser avisado por pantalla.

Nesta web pode encontrar ligazóns de interese a outros sitios web. F.E. SERVICIOS CIUDADANIA non asume ningunha responsabilidade sobre estas ligazóns, polo que a persoa usuaria accederá baixo as condicións de uso que rexan as ditas páxinas.

F.E. SERVICIOS CIUDADANIA pode modificar esta política de privacidade en función das esixencias lexislativas, normativas ou instrucións da Axencia de Protección de Datos, así como calquera cambio na nosa organización que nos obrigue a facelo.